De conformidade coa proposta elevada pola comisión para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade, do 21 de marzo de 1994 (BOE do 12 de abril) para a provisión da praza número 009/1994 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do depar
tamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración desta universidade, a favor de Obdulia Taboadela Álvarez, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Obdulia Taboadela Álvarez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración desta universidade.
A Coruña, 3 de marzo de 1995.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña