Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.596

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de marzo de 1995 pola que se dictan normas en aplicación da sentencia do Tribunal Supremo do 6 de marzo de 1995 relativas á Orde do 24 de abril de 1991.

Por Orde do 24 de abril de 1991 (DOG do 29), convocáronse procedementos selectivos para ingreso nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

Realizados os procedementos selectivos e de conformidade coas propostas dos tribunais e, no seu caso, das comisións de selección, pola ordes do 12 de agosto de 1991 (DOG do 23), do 10 de setembro de 1991 (DOG do 18) e do 16 de xaneiro de 1992 (DOG nº 28), fixéronse públicas as listas dos opositores que superaron os procedementos selectivos. Por Orde do 25 de novembro de 1991 (DOG do 17 de decembro) nomeáronse funcionarios en prácticas dos distintos corpos os opositores incluídos nas ordes anteriormente mencionadas.

Contra a orde de convocatoria interpuxéronse recursos contencioso-administrativos nos que recaeu a sentencia número 375/1992, do 11 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que estimou parcialmente os recursos contencioso-administrativos acumulados.

En execución desta sentencia dictáronse as ordes do 26 e 27 de outubro de 1992 (DOG do 28), publicando unha nova relación de opositores que, en virtude da mesma, superaban o procedemento selectivo e deixando sen efecto as ordes do 12 de agosto de 1991 (DOG do 23), do 10 de setembro de 1991 (DOG do 18) e do 25 de novembro de 1991 (DOG do 17 de decembro), esta última agás para os opositores que figuraban na propia Orde do 27 de outubro de 1992 e nunha das anteriormente citadas do 12 de agosto de 1991, do 10 de setembro de 1991 ou do 16 de xaneiro de 1992.

Así mesmo, pola Orde do 1 de decembro de 1992 nomeáronse funcionarios en prácticas os opositores incluídos na lista de aprobados en virtude da execución da sentencia número 375/1992, do 11 de xuño, agás aqueles ós que se lles concedeu o aprazamento da mesma.

Finalmente, por Orde do 15 de febreiro de 1993 (BOE do 5 de marzo), e Orde do 12 de decembro de 1993 (BOE do 17), nomeáronse funcionarios de carreira dos corpos correspondentes, os opositores que, figurando nas listas de aprobados publicadas polas ordes do 12 de agosto, 10 de setembro de 1991 e 16 de xaneiro de 1992, tamén reunían os requisitos para supera-lo procedemento selectivo de acordo coa sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 375/1992, do 11 de xuño.

De conformidade co disposto na orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de marzo de 1995, pola que se ordena a execución da sentencia da Sala Terceira do Tribunal Supremo do 6 de marzo de 1995, procede agora deixar sen efecto as ordes do 27 de outubro de 1992 e do 1 de decembro de 1992 e repoñe-la vixencia das ordes do 12 de agosto de 1991 (DOG do 23), do 10 de setembro de 1991 (DOG do 18), do 25 de novembro de 1991 (DOG do 17 de decembro) e 16 de xaneiro de 1992 (DOG do 28) polas que se fixeron públicas as listas dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de abril de 1991 e se nomearon funcionarios en prác

ticas dos distintos corpos os opositores anteriormente mencionados.

Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Confírmase as relacións de opositores que superaron definitivamente os procedementos selectivos de acceso e ingreso o corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, profesores de escolas oficiais de idiomas, e profesores de música e artes escénicas, que son as publicadas polas ordes do 12 de agosto de 1991 (DOG do 23), do 10 de setembro de 1991 (DOG do 18) e do 16 de xaneiro de 1992 (DOG do 28).

Segundo.-De conformidade coa Orde do 25 de novembro de 1991 (DOG do 17 de decembro), e en tanto non se complete o expediente de nomeamento de funcionarios de carreira, quedan nomeados funcionanos en prácticas os opositores que, figurando nas ordes de aprobados citadas no apartado anterior, non foron nomeados funcionarios de carreira polas ordes do 15 de febreiro de 1993 (BOE do 5 de marzo) e do 12 de decembro de 1993 (BOE do 17) e non renunciaron ó procedemento selectivo. Estes opositores relaciónanse no anexo á presente orde.

Terceiro.-De acordo co disposto na base oitava 1.1 e) da Orde do 6 de outubro de 1994 (DOG do 17), queda confirmada a participación no concurso de traslados dos opositores ós que fai referencia a presente orde.

Cuarto.-Quedan sen efecto as ordes do 27 de outubro de 1992 (DOG do 28), pola que se fan públicas as listas dos opositores que superaron os procedementos selectivos, en execución de sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 375/1992, do 11 de xuño, convocados pola Orde do 24 de abril de 1991, para ingreso nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e a Orde do 1 de decembro de 1992 (DOG do 30), pola que se nomeaban funcionarios en prácticas.

Quinto.-Os opositores nomeados funcionarios en prácticas pola Orde do 1 de decembro de 1992 que estean prestando servicios nun centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e que non superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 8 de xuño de 1994 continuarán prestando servicios no seu destino actual, ata o remate do curso 1994-1995, como profesores interinos do corpo correspondente.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria