Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.595

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de marzo de 1995 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

Por Resolución do 11 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 17, do 25 de xaneiro de 1995, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, e resoltas estas, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e nas bases

1.4 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 24 de setembro de 1994, publicada no DOG nº 206, do 25 de outubro de 1994.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública,

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

A lista definitiva de excluídos figura publicada como anexo desta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das delegacións provinciais e oficinas comarcais da dita consellería.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública