Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde a providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se admiten os recursos contencioso-administrativos nº 1/257 ó 290/1995 (acumulados), interpostos por Rosario López Pampín e outros contra a Resolución do 16 de decembro de 1994, desta dirección xeral (DOG nº 242, do 19 de decembro), pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares.
En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1995.
Carlos Negreira Souto
Director xeral de Recursos Humanos