Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 1995 Páx. 2.594

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/177/1995, interposto por Natividad Tasende Areosa.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde a providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 1/177/1995, interposto por Natividad Tasende Areosa contra a Resolución do 16 de decembro de 1994, desta dirección xeral (DOG nº 242, do 19 de decembro), pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de médicos titulares.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos