Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle para modificación do aliñanmento posterior do número 40 de Policarpo Sanz.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 3 de marzo de 1995, o estudio de detalle para modificación do aliñamento posterior do número 40 de Policarpo Sanz (3396/411) redactado polo arquitecto José Magdalena Nogueira e visado polo COAG con data do 9 de xaneiro de 1995; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte: Policarpo Sanz, 40.

Sur: Policarpo Sanz, 40.

Leste: Policarpo Sanz, 40.

Oeste: Policarpo Sanz, 38.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 17 de marzo de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde