Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso.

-Obxecto: asistencia á deputación para realiza-la restauración de bens de carácter histórico ou artístico da Deputación Provincial da Coruña, incluídos no programa de restauración de bens de carácter histórico ou artístico para 1995 (pinturas e gravados).

-Orzamento: 6.000.000 de ptas. (IVE incluído).

-Fianza provisional: non se esixe.

-Prazo de execucióu: 7 meses.

-Requisitos de titulación: o persoal que realizará a restauración deberá estar en posesión da diplomatura esixida por unha escola oficial de restauración ou licenciatura en belas artes, rama de especialistas en restauración.

-Proposicións: presentaranse en 3 sobres:

A) Sobre A, oferta económica axustado ó seguinte modelo: o anverso do sobre levará a mención «Pro

posición económica para tomar parte no concurso para restaura-los bens de carácter histórico ou artístico da Deputación Provincial da Coruña, presentada por ... ».

Dentro do sobre figurará a oferta económica artístada a este modelo:

Don/Dona.... con domicilio en.... rúa..., nº..., CP... teléfono.... con DNI nº...., actuando en nome propio (ou en representación de.., con domicilio en..., rúa..., CP ... ) desexa tomar parte no concurso convocado pola Deputación Provincial da Coruña para restaura-los bens de carácter histórico ou artístico da Deputación Provincial da Coruña e fai constar que coñece e acepta o prego de condicións e que se compromete a realiza-la restauración das obras que a seguir se indican con suxeición ás referidas cláusulas e no seguinte prezo... (IVE incluído).

Obra/s que se vai/van restaurar.

Prezo por obra, (IVE incluído).

O/A licitador/a (lugar, data e sinatura).

Poderán presentarse ofertas para restaurar unha, varias ou a totalidade das obras (20), ás que se refire o anexo I do prego de condicións.

B) Sobre B e C, coa documentación esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

-Prazo de presentación: as proposicións poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación, dentro do prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou DOG, coa documentación esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

A Coruña, 28 de marzo de 1995.

Moisés Rey Martínez

Presidente

José Luis Almau Supervia

Secretario