Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución das expedientes sancionadores P-196/94 e P-266/94 (pesca, Pontevedra).

De conformidade co disposto no axtigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles as persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47, 5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 23 de febreiro de 1995.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: P-196/94.

Denunciado: Manuel Pereira de Freitas.

Último enderezo coñecido: O Carballiño, 184, 1º Cesantes, Redondela.

Feito denunciado: pescar sen licencia no río Alvedosa.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca F.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca F.

Sanción: 55.000 indemnización 2.000 Inh. Licen pesca 1 ano.

Expediente: P-266/94.

Denunciado: Luis Fernández Díaz.

Último enderezo coñecido: Peregrina, 51, 2º B, Pontevedra.

Feito denunciado: pescar en época de veda no río Cancela.

Precepto infrinxido: artigo 34.8º da Lei 7/1992. de pesca F.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca F.

Sanción: 55.000 Inh. Licen. pesca 1 ano.