Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.N. 35/1994 (espacios naturales).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo, expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 23 de febrero de 1995.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: EN-35/94.

Denunciado: Camilo Martínez Noya.

Último enderezo coñecido: r/ Freixo, 7, Ribadumia.

Feito denunciado: extracción de áridos dunha zona húmida da Lanzada.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989.

Precepto sancionador: artigo 39 da Lei 4/1989.

Sanción: 25.000 ptas.