Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.529

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (5/1995).

En cumprimento do acordado, por resolución do día da data, dictada polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o número 5/1995 promovido por Porfirio Pose Soto, sobre declaración de falecemento de Domingo Pablo Pose Soto, nacido o 30 de abril de 1909 en Rial, parroquia de Ordoeste, municipio da Baña (A Coruña) fillo de Manuel Pose Mourelle e Manuela Soto Mayo, o cal emigrou a Cuba no ano 1930, mantendo correspondencia coa súa familia ata o ano 1930, mantendo correspondencia coa súa familia ata o ano 1978, non volvendo a terse noticias súas a partir dese momento.

O que para os fins previdos nos artigos 2.042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, se fai público mediante o presente edicto, o cal se publicará no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera per

soa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira o dezanove de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado