Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.529

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (1/1995).

En cumprimento do acordado, por resolución do día da data, dictada polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o número 1/1995 promovido por Manuel Gómez Rodríguez, sobre declaración de falecemento de José María Gómez Cabo, nacido o 30 de outubro de 1904 en S. Xulián de Luaña, municipio de Brión (A Coruña), fillo lexítimo de Manuel Gómez Pais e María Cabo Cabo, o cal no ano 1945 emigrou á Arxentina, non volvendo a ter noticia ningunha del pese ós intentos da familia de localiza-lo seu paradoiro naquel país.

O que para os fins previstos nos artigos 2.042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, se fai público mediante o presente edicto, o cal se publicará no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer

perante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira o once de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado