Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.530

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (293/1987).

Mª Fe Meitín Fernández, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de menor contía nº 293/1987, hoxe en trámite de execución de sentencia, por instancia de Salvadora Feáns Cebey, representada polo procurador Paz Montero, contra José Feáns Cebey e Arsenia Suárez Nieto, representados polo procurador Gómez Martín, sobre declaración de indivisibilidade de inmoble e venda en poxa pública, nos que por resolución do día da data se acordou anunciar por medio do presente edicto a venda en poxa pública do predio seguinte:

Casa número tres antigo, oito moderno e sete actual, da Corredoira de Morón, parroquia de San Xoán de Afora, deste concello de Santiago de Compostela, co seu terreo unido pola parte norte, a cal está á man dereita seguindo a estrada que vai a Vista Alegre e quen ten de longo corenta cuartas por dezanove de largo; e confina polo dito lado norte con Juan Devesa, muro en medio; que é o fondo do patio posterior, hoxe Emilio Sánchez Uzal; sur, a fachada principal á Corredoira de Morón; leste, ou dereita entrando, Pablo Somoza, hoxe Herminia Montoto Calvo, e; oeste horta de Francisco Rodríguez, hoxe de José Andrade Camba. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, tomo 154, libro 86, folio 212 v., predio nº 3.283, inscrición 7ª, a nome de José e Salvadora Feáns Cebey.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Algalia de Abaixo, nº 24, segunda planta, o próximo día catro de maio de mil novecentos noventa e cinco, ás dez horas de mañá, baixo as seguintes condicións:

Primeira.-A poxa celebrarase sen suxeición a tipo e poderán participar nela como licitadores non só os copropietarios reseñados na sentencia que puxo fin a este procedemento, senón tamén calquera persoa estraña.

Segunda-Os títulos de propiedade do predio obxecto de poxa están constituídos pola documentación que consta en autos e a sentencia firme que puxo fin ó presente procedemento, os cales están de manifesto na secretaría do xulgado para instrucción dos

que se interesen pola poxa, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente.

Terceira-Poderase face-lo remate, en calidade de cedelo a terceiro.

Dado en Santiago de Compostela o dous de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada-xuíza substituta

Rubricado

O secretario xudicial

Rubricado