Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.526

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1995 pola que se anuncia a celebración dunha xornada de estudio sobre o galego na Administración local.

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, anuncia a celebración dunha xornada de estudio sobre o galego na Administración local, que se celebrará conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

0 obxecto da xornada é reflexionar e debate-las cuestións relacionadas coa normalización da lingua galega nas corporacións locais co obxecto de dinamizar e estende-lo seu uso neste ámbito.

2. Destinatarios.

A xornada vai dirixida ó persoal da Administración local da provincia de Ourense que estea interesado no proceso de normalización lingüística dentro da súa corporación.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 9 horas.

3.2. Data: 8 de maio.

3.3. Horarios: de mañá (a partir das 9.45 horas) e tarde.

3.4. Lugar: Pazo de Vilamarín (Ourense).

3.5. Prazas: limitadas á capacidade do local.

4. Inscrición.

-Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2, 4, 15703 Santiago de Compostela.

-Forma de envío: por correo ó enderezo anterior ou por fax o número (981) 57 15 40.

-Modelo de instancia: segundo modelo oficial que figura ó final desta convocatoria.

-Prazo: remata o 24 de abril.

5. Información complementaria.

Servicio de Estudios, Investigación e Publicacións. EGAP. Teléfono (981) 57 08 00, ext. 247. Fax (981) 571540.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública