Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.522

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Eurolimp, S.A. (Hospital de Montecelo).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Eurolimp, S.A. (Hospital de Montecelo), situada na provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-2-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, en data non especificada. De conformidade co disposto no artigo 90, 2 e 3, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de marzo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do servicio de limpeza do Hospital

Montecelo de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afectará a todo o persoal e empresas que presten servicios de limpeza no Hospital Montecelo de Pontevedra.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio terá duración desde o 1 de xaneiro de 1994 ata o 31 de decembro de 1995. Os salarios establecidos no presente convenio estarán en función dos aumentos que se produzan para o persoal subalterno do Sergas, sendo aplicables a partir do 1 de xaneiro de 1994.

Entenderase prorrogado tacticamente por períodos anuais, sempre que por calquera parte non sexa denunciado, con polo menos tres meses de antelación ó seu vencemento ou de calquera das súas prórrogas. Non obstante, a denuncia do convenio non significará ningunha modificación do seu texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución polo novo nos termos que as partes establezan.

Artigo 3º.-Equiparación.

Os traballadores afectados por este convenio colectivo están equiparados ó persoal subalterno do Sergas, de tal forma que a partir desta equiparación toda mellora que repercuta no persoal subalterno do Hospital Montecelo de Pontevedra aplicarase de igual forma ós traballadores afectados por este convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas por anteriores adxudicatarias que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores con respecto ó presente convenio subsistirán para aqueles que o veñen desfrutando, pero sen que poida interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas, teña que computarse o melloramento económico que supón o presente convenio.

Artigo 5º.-Salarios.

As retribucións correspondentes ás distintas categorías afectadas por este convenio fíxanse de acordo coas táboas salariais anexas do grupo E do persoal subalterno do Sergas, co que se atopa equiparado, e faranse efectivas o último día de cada mes.

No caso de que se produza revisión salarial para o citado persoal do Sergas, a dita revisión será aplicada ós afectados por este convenio na mesma contía.

Artigo 6º.-Antigüidade.

O concepto de antigüidade retribuirase cos mesmos criterios e contía que teñen establecidos no Sergas para o persoal do grupo E, categoría pinche-limpador.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as mesmas gratificacións extraordinarias có persoal subalterno do Hospital Montecelo, segundo os niveis que corresponda, con independencia de que o traballador estea de baixa.

Artigo 8º.-Complemento de destino.

Tódolos traballadores percibirán por este concepto as mesmas cantidades que perciban os traballadores do Hospital Montecelo, con categoría de persoal do grupo E.

Artigo 9º.-Complemento de productividade (factor fixo).

Tódolos traballadores percibirán por este concepto a mesma cantidade que perciben os traballadores do Hospital Montecelo, coa categoría de persoal do grupo E.

Artigo 10º.-Plus de perigosidade e especial dedicación (PRD).

Percibirase na contía de 5.000 pesetas por doce mensualidades, ou segundo o persoal do Sergas.

Artigo 11º.-Plus de nocturnidade.

Percibirase por este concepto o dito plus nas mesmas condicións que o fai o persoal subalterno do Sergas que realiza xornada nocturna.

Artigo 12º.-Xomada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, computándose como tal os 30 minutos de descanso obrigatorio do que os traballadores veñen desfrutando. Na aplicación da xornada, respectarase as melloras existentes que supoñan mellora da xornada pactada.

Artigo 13º.-Traballo en domingos e festivos.

As condicións de traballo nos ditos días será na mesma forma e condicións económicas e organizativas en que o fai o persoal subalterno do Sergas do Hospital Montecelo de Pontevedra.

Así mesmo, de producirse calquera mellora neste aspecto para o persoal do Sergas, os traballadores afectados por este convenio desfrutarán delas.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Con carácter xeral quedan prohibidas a práctica ou realización de horas extraordinarias, e no caso de emerxencia e/ou forza maior aboaranse as mesmas de acordo co disposto na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Artigo 15º.-Licencias.

Logo de solicitude dos traballadores afectados considerarase licencia retribuída polo tempo e os casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador, 17 días naturais.

b) Matrimonio dos pais, fillos ou parentes que convivan co traballador, 2 días naturais.

e) Parto de esposa, 5 días laborais.

d) Morte ou enfermidade grave do cónxuxe, 5 días laborais. Do pai/nai e fillo/a, 3 días laborais. Irmáns e parentes ata o segundo grao de consaguinidade ou afinidade, 2 días laborais. Si entre o traballador/a e os parentes anterionnente detallados houbera convivencia, a licencia sería de 5 días naturais.

O mesmo ocorrería se o casamento ou enfermidade grave dos parentes anteriores se producira fóra da praza.

e) Morte do tío/a, 2 días naturais. Se houbera convivencia entre o traballador/a e o falecido/a, a licencia sería de 3 días naturais.

f) Traslado de domicilio, 2 días laborais.

As mesmas traballadoras, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá subs

tituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

Igualmente o traballador, solicitándoo coa debida antelación, terá dereito a dispor de ata cinco días de licencias e unha vez ó ano, non retribuídos pola empresa.

Artigo 16º.-Excedencias.

Todo traballador/a fixo cunha antigüidade polo menos de dous anos na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a seis meses e non maior a cinco anos.

O/A traballador/a excedente cando a súa categoría se atope entre as pertencentes ós grupos de persoal subalterno e obreiro, terá dereito á reserva do seu posto de traballo durante o período máximo de dous anos. A reincorporación á empresa terá que ser solicitada cun preaviso de tres meses.

Excepcionalmente, cando a solicitude de excedencia sexa por un tempo máximo de dous anos, o traballador terá dereito a reintegrase na empresa durante o prazo dos seis primeiros meses da dita excedencia, dispoñendo o empresario dese mesmo prazo dos ó meses para proceder á sua reincorporación. En todo caso o traballador deberalle comunicar ó empresario a súa intención de volver á empresa cunha antelación mínima de un mes. Pasados os seus primeiros meses do exercicio da excedencia sen que o traballador fixera uso do seu dereito xa, non poderá volver á empresa ata esgota-lo período total de excedencia solicitada.

Artigo 17º.-Cambio de postos de traballo por embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a que lles cambie o posto de traballo a outro máis acorde co seu estado, non estando obrigadas en ningún caso a desempeñaren as súas funcións en lugares radioactivos, infecciosos ou perigosos para o seu embarazo.

Esta situación dará lugar a unha suspensión do contrato de traballo cunha duración máxima de 16 semanas, con efectos e condicións previstas segundo a nova redacción da Lei 3/1989, do BOE do 8 de marzo.

Durante o período citado a traballadora terá dereito ó aboamento das prestacións económicas correspondentes, con cargo á Seguridade Social e complementada ata o 100% do salario como para o caso de baixas por enfermidade ou accidente.

Artigo 18º.-Control médico obrigatorio.

Todo o persoal comprendido no presente convenio terá dereito a unha revisión médica a cargo da empresa cada ano, e terán tamén dereito a un recoñecemento xinecolóxico.

Artigo 19º.-Asistencia a consultorios médicos.

Tódolos traballadores terán dereito a tres horas retribuídas pola empresa cada vez que teñan que ir ó médico de cabeceira. Cando o médico de cabeceira que lle correspondese ó traballador tivese o seu consultorio en localidades distintas daquela na que prestan os seus servicios os traballadores, estes disporán do tempo necesario.

O traballador que teña que ir ó consultorio médico estará obrigado a avisar con anterioridade á empresa, debendo xustificar que foi atendido polo médico de cabeceira. Para a súa asistencia á consulta do especialista os traballadores terán dereito a todo o tempo necesario, logo de presentación do volante do médico de cabeceira.

Así mesmo, terán dereito a 3 horas retribuídas para asistir ó consultorio médico con fillos/as menores de 12 anos ou disminuídos/as, cun máximo de tres veces por mes, sempre que o horario coincida co seu horario laboral ou co do seu cónxuxe, compañeiro/a.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

Proverase a tódolos traballadores de roupa de traballo adecuada para traballar en lugares radioactivos ou infecciosos; concederáselle a todo o persoal a adecuada e regulamentaria roupa de traballo, fundas para o persoal masculino e batas para o feminino, cada seis meses, guantes cada dez días e zocos cada seis meses.

As batas poderán substituírse, de mutuo acordo, para todo o persoal de centro de traballo por chaquetiñas e pantalóns (pixama completo), referíndose exclusivamente a centros hospitalarios e clínicos.

Artigo 21º.-Complemento por baixa de accidente ou enfermidade.

A empresa estará obrigada a aboar ata o 100% do salario e tódolos complementos en caso de accidente ou baixa por enfermidade, desde o primeiro día.

Artigo 22º.-Xubilación.

Os traballadores/as que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse a modalidades de xubilación determinadas no Real decreto Lei 14/1981, do 20 de agosto e Real decreto 1.194/1985, quedando obrigadas as empresas a contratar simultaneamente no canto do xubilado/a a outro trabaliador/a que sexa titular de dereito a calquera das prestacións económicas de desemprego ou a xove demandante de primeiro emprego tal e como dispoñen as normas citadas.

Artigo 23º.-Adscrición de persoal.

Ó remate da concesión da contrata da limpeza, os traballadores/as da empresa contratista que prestou servicios no Hospital Montecelo de Pontevedra

pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, que se subrogará en tódolos dereitos e obrigas da anterior adxudicataria verbo dos traballadores/as, calquera que sexa a situación na que se encontran e a modalidade do seu contrato de traballo, coa única excepción daqueles/as traballadores/as que foran incorporados/as dentro dos últimos catro meses, se a dita incorporación non se debe a ampliación da contrata ou a unha esixencia expresa do cliente.

Artigo 24º.-Cadros de persoal.

Todo o persoal que cubra baixas por enfermidade ou vacacións e non teña praza no cadro de persoal terá preferencia para incorporarse a ela para efectos de substitucións por enfermidade, vacacións, por orde de antigüidade.

Artigo 25º.-Altas na Seguridade Social.

A empresa estará obrigada a entrégarlles ós/ás traballadores/as fotocopia da alta deles/as na Seguridade Social, para o que disporá do prazo de dúas semanas desde a súa incorporación ó traballo.

Igualmente, a empresa estará obrigada a colocar fotocopia dos boletíns de cotización nun taboleiro de anuncios nas oficinas da empresa.

Artigo 26º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio terá dereito ó desfrute ininterrompido de un mes de vacacións retribuídas que desfrutará entre os meses de xuño a setembro; ademais, terán dereito a outros nove días, que desfrutarán de acordo coa dirección da empresa, sempre tendo en conta a xornada real de cada traballador/a, sendo de seis días para os de menos xornada real.

A empresa, de acordo co comité elaborará as quendas correspondentes seguindo cada ano unha orde rotatoria de preferencia. Os/As traballadores/as que no momento de desfruta-las vacacións estean en situación de baixa por accidente ou ILT terán dereito ó desfrute délas inmediatamente ou ó mes seguinte da súa incorporación ó traballo.

O aboamento das vacacións será de acordo coas retribucións que por este concepto perciba o persoal subalterno do Sergas.

Artigo 27º-Garantías de cargos sindicais.

a) En todo o relacionado con este tema haberá que aterse ó disposto nos artigos 61 e seguintes do Estatuto dos traballadores, determinararase que cando un representante legal deba saír da empresa para exercer funcións de representación deberá comunicarllo á mesma o día anterior, salvo situacións excepcionais que se xustificarán posteriormente. Como xustificante será válido o comprobante dos organismos oficiais ou da central sindical correspondente.

b) As horas sindicais poderán acumularse nun ou en varios dos distintos membros do comité de empresa.

O sindicato que teña a maioría de membros no comité de empresa terá dereito á constitución dunha sección sindical de empresa, e polo tanto á designación dun delegado de sección sindical que terá os mesmos dereitos e garantías cós membros do comité de empresa.

A empresa descontarálle-la cota sindical ós traballadores afiliados ós sindicatos, logo da correspondente autorización dos mesmos.

Artigo 28º.-Asembleas.

Os/As traballadores/as da empresa terán dereito a reunirse en asemblea unha vez ó mes, e por tempo máximo de dúas horas durante a xornada, debendo comunicarlle á empresa a súa celebración cunha antelación de 48 horas salvo situacións excepcionais de conflicto ou folga, nas que bastará con preavisar con 24 horas de antelación.

Artigo 29º.-Xubilación anticipada.

Os/As traballadoreslas que opten pola legalmente establecida xubilación anticipada percibirán, no momento de ser efectiva a dita xubilación unha mensualidade exactamente igual a como se estivesen en activo, por ano completo que lles falte para cumpriren os 64 anos.

O importe resultante incrementarase nun 10% en caso de que o traballador leve prestados para empresa máis de 1 ano de servicio, nun 20% se este tempo supera os 12 anos e nun 30% se supera os 15 anos.

Artigo 30º.-Formación do persoal.

De cara a facilita-la formación dos/as traballadóres/as, créase un crédito de dúas horas ó ano por traballador. Estas horas poderán serlles cedidas ós representantes sindicais.

Artigo 31º.-Comité de saúde laboral.

Crearase un comité paritario de seguridade e hixiene no traballo, que se reunirá como mínimo unha vez cada trimestre, ou cando unha das partes o solicite.

Creación da figura de delegado de saúde laboral, que será un membro do comité paritario, que terá 10 horas mensuais para a realización das súas funcións, sen restricción no caso de ter outros dereitos sindicais.

Artigo 32º.-Plus de penosidade.

Percibirán un plus de penosidades dunha contía de 10.000 (dez mil) pesetas/mes tódolos traballadores/as que teñan que utilizar na súa función máquinas pulidoras, abrillantadoras, etc., así como cando esta función sexa o traslado de lixo ó exterior ou, traballos de limpeza altos para os que teñan que utilizar escadas de máis de cinco pasos.

O/A traballador/a que por causa dunha substitución ou similar tivese que realiza-los traballos

anteriormente descritos máis de 5 días laborais seguidos ó mes, empezará a cobra-lo mencionado plus. Este plus percibirao nas mesmas condicións o encargado xeral.

Artigo 33º.-Seguro de accidentes.

A empresa afectada por este convenio subscribirá pólizas de seguro colectivo en favor de tódolos/as traballadores/as que teñan máis de media xornada, realicen tarefas dun certo risco ou se dediquen de xeito habitual á limpeza de cristais a alturas superiores a 1,80 m.

O resto de traballadores/as tamén estarán incluídos na mencionada póliza, se ben neste caso os capitais asegurados que se indican se reducirán a metade.

O dito seguro cubrirá, con carácter xeral, as seguintes garantías mínimas:

-Morte ou invalidez total: 1.500.000 pesetas.

-Invalidez absoluta ou gran invalidez: 2.000.000 de pesetas.

As ditas continxencias deberán derivarse en calquera caso de accidente laboral, incluído o accidente «in itinere» e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas ós/ás traballadores/as en virtude de lexislación laboral vixente.

Artigo 34º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son:

En representación dos/as traballadores/as: Encarnación Filgueira Villaverde, Carmen Estévez García, Alonso Ferrín Vales, Isabel Sueiro Cadavid, Mª Adelina Vilariño Sanmartín, José Luis Pontes Álvarez.

En representación da central sindical CIG: Manuel Curras Meira.

En representación da central sindical CC.OO.: Carmen Segurana Bedrina, María Martínez Castro.

En representación da empresa: Pedro Colinas Rodríguez.

Artigo 35º.-Comisión de vixilancia.

O control sobre o cumprimento das cláusulas deste convenio, e en xeral de cantas cuestións se deriven da súa aplicación, serán exercidas polo comité de empresa, asesorado neste labor polos demais asinantes sinalados no artigo anterior.

Artigo 36º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria de interpretación deste convenio estará composta polos representantes dos traballadores/as que subscriben este convenio, que son: a empresa, o comité e as centrais sindicais.

Cláusula adicional.

Adecuación ó convenio sen prexuízo salarial para os/as traballadores/as. As actas e convenio faranse

en galego, de acordo coa Lei de normalización lingüística de Galicia, sempre e cando a parte social se comprometa a súa redacción e elaboración.

Todo aquilo que non fose pactado neste convenio e que afecte as relacións laborais e económicas estará no disposto na vixente ordenanza, e no caso de que esta desapareza, os artigos que non estean neste convenio pasarán a forma parte del.