Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.527

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1995 pola que se anuncia a celebración dunha xornada de estudio sobre Rafael Dieste González.

En execución do Plan de actividades da EGAP para o ano 1995 e do previsto no Decreto 9/1995, do 12 de xaneiro, polo que se declara 1995 Ano de Rafael Dieste González, a EGAP anuncia a celebración dunha xornada de estudio sobre este escritor galego comprometido co seu país, que se celebrará conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Con motivo de declara-la Real Academia Galega o Día das Letras Galegas de 1995 dedicado a Rafael Dieste González, a EGAP súmase, como institución pública galega, á homenaxe deste escritor, organizando unha xornada de estudio sobre a súa obra e unha viaxe de interese cultural.

2. Destinatarios.

En cada unha das xornadas poderá participa-lo persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso o persoal de Administración da Xunta de Galicia (ata 40 persoas), tendo preferencia o que acredite ter asistido á xornada de estudio nunha das localidades nas que se celebren.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 2 horas, 30 minutos.

3.2. Lugares, datas, horario.

-Ferrol (Casino. de Ferrol. Real 100): 15 de maio, de 18 a 19.30 horas.

-Pontevedra (Museo Provincial de Pontevedra. Pasantería, 10): 16 de maio, de 20 a 21 horas.

3.3. Prazas: limitadas á capacidade dos locais.

4. Contido.

-1º día: mesa redonda sobre a súa vida e obra.

-Día 17 de maio: viaxe a Rianxo, lugar onde se celebran os actos oficiais organizados. pola Real Academia Galega. Saída da Coruña. (Praza do Obelisco), ás 8 horas e da EGAP ás 10 horas.

5. Inscrición.

-Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2, 4, 15703 Santiago de Compostela.

-Forma de envío: por correo ó enderezo anterior ou por fax ó número (981) 57 15 40.

-Prazo: remata o 28 de abril.

6. Información.

Servicio de Estudios, Investigación e Publicacións. Teléfono (981) 57 08 00.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública