Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2.634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:
Reforma da liña de media tensión existente ó C.T. grupo escolar. Redes de baixa tensión do C.T. Mosteiro e C.T. grupo escolar, apoios de formigón e con
ductores R.Z.-150-95-50-25, para mellora da subministración na zona de Mosteiro-Pol.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e o seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.
Lugo, 25 de xaneiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo