Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 1995 Páx. 2.515

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Delegación provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3.998-AT).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., (BEGASA), con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, en solicitude para instalar L.M.T. subterránea dobre circuíto Magazos-Burela (Viveiro), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

0 delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a BEGASA á instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, con unha lonxitude de 154 e 161 m, con cable D.H.V. 15/25 de 1x240 mm Al, en Magazos-Viveiro.

Esta autorización non supón a autorización do proxecto.

Lugo, 24 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo