Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso, polo sistema de contratación directa, para a adquisición de camisetas e gorras para a Campaña Verán-95.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la contratación directa da seguinte subministración:

-Obxecto do contrato: adquisición de 8.000 camisetas e 8.000 gorras para os xoves participantes na Campaña Verán-95.

-Orzamento: cinco millóns seiscentas mil pesetas (5.600.000 ptas.)

-Prazo de entrega: 1 mes.

-Prego de bases: estará á disposición dos interesados nas dependencias da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude, edificios administrativos de San Caetano, bloque 3, 1º piso Santiago de Compostela.

-Presentación de proposicións: os licitadores poderán presenta-las ofertas dentro do prazo dos quince (15) días naturais seguintes ó da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da consellería ou no xeito que dispón o artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller

e Xuventude