Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso restrinxido da subministración de 20 vehículos con destino á policía local.

-Obxecto do contrato e prezo: adquisición de 20 vehículos tipo «todoterreo» de cinco prazas, de gasóleo, polo importe de 50.000.000 de ptas. IVE engadido.

-Procedemento e forma de adxudicación: concurso público restrinxido.

-Órgano de contratación: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, San Caetano, edificio administrativo nº 5-3º andar, 15771, Santiago de Compostela, teléfono 981-544642. Telefax 981-544696.

-Solicitudes de participación: en sobre pechado, redactadas en castelán ou en galego, presentaranse no enderezo indicado, ata as 14 horas do día 7 de abril de 1995. Acompañaranse da documentación acreditativa da personalidade da empresa e declaracións ulteriormente verificables acerca da súa situación financeira, balance, cifra de negocios e subministracións realizadas nos tres últimos anos, equipo técnico e certificacións ou homologacións.

-Prazo de entrega: un mes desde o asinamento do contrato.

-Data límite do envío das invitacións ás empresas: o 18 de abril de 1995.

-Data de envio do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais da Comunidade Europea: 23-3-95.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1995.

P.D. (Orde do 13-12-93)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e

Relacións Laborais