Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso para a contratación directa polo trámite de urxencia da obra de acondicionamento de campamento para acampada e outras melloras no albergue xuvenil Penedos de Xacinto-Entrimo (Ourense).

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso para a contratación directa, polo trámite de urxencia, da seguinte obra:

-Obxecto do contrato: acondicionamento de campamento para acampada e outras melloras no albergue xuvenil Penedos de Xacinto - Entrimo (Ourense).

-Orzamento de licitación: once millóns tres mil oitocentas seis pesetas (11.003.806).

-Prazo de execución: dous (2) meses e medio.

O prego de cláusulas administrativas e de prescricións, técnicas estarán á disposición dos interesados no Servicio de Contratación desta delegación provincial ou en calquera das delegacións provinciais ou servicios centrais desta consellería.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Ourense, sita en Camiño Prado-Loña, s/n, ou no rexistro que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de quince (15) días hábiles seguintes ó da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola comisión de contratación o segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, sempre e cando este non coincida en sábado, que pasará ó primeiro día hábil seguinte, na sala de xuntas da delegación provincial, ás 10 horas.

O presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 24 de marzo de 1995.

Isidro José Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense