Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a subministración de gas propano comercial no termo municipal de Cuntis (Pontevedra).

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos e no artigo 11 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2.913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A., con domicilio en Madrid, Arcipreste de Hita nº 10.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o desenvolvemento da actividade do servicio público de gas no termo municipal de Cuntis, mediante a instalación dun centro de almacenamento e distribución de gas propano comercial.

Instalaciós básicas:

-Centro de almacenamento. A instalación de G.L.P. disporá dun centro de almacenamento de dous depósitos enterrados de 49,5 m de capacidade cada un deles.

-A rede de distribución, deseñada para a súa intercambiabilidade co gas natural, cunha lonxitude de 5.770 m e constituída con tubos de polietileno de media densidade, transcorrerá enterrada na súa totalidade.

Orzamento: 29.000.000 de ptas. (vintenove millóns de pesetas).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións, nun prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, e na delegación provincial desta consellería en Pontevedra, Rúa Nova de Abaixo, 2, onde poden examina-lo proxecto.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria