Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico no concello de Muras (Expediente 4.272 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración, en concreto, de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico coas seguintes características:

Peticionario: Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa). Rúa Principe de Vergara, 187, Madrid 28002.

Situación: Muras.

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM): V (4.818.850,0611700); V (4.818.850,0614250); V (4.816.700,0616300); V (4.215.200,0616300).

Características principais:

Número de aeroxeradores: 60.

Potencia unitaria (kW): 300 kW.

Potencia total instalada (MW): 19,8 MW.

Altura torres (m): 31 metros.

Diámetro pas (m): 30 metros.

Producción anual estimada (MW.h): 47.916 MW/h.

Investimento: 3.145.942.800 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o seu proxecto nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formularse contra el as reclamacións que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 15 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo