Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita (Expediente 4.239 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), rúa Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico en Esperante no concello de Lugo.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-30 de 31,1 mm de sección sobre apoio de formigón ou torre metálica RU6704 A, cunha lonxitude de 650 metros. Centro de transformación de 100 kVA en Caballo con 20 kV/380-220 V, instalado sobre dous postes de formigón ó final da liña de media tensión. Rede de baixa tensión con conductor RZ-95, RZ-50 e RZ-25 tensado sobre apoio de formigón ou grampado en fachada, que alimentará a Carballo, Travesa e Papoi de Abaixo no concello de Lugo.

Procedencia dos materiais: nacional.

Presuposto: 5.074.132 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, r/ Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 16 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo