Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1995 pola que se anuncia a licitacio, polo sistema de concurso aberto, das obras de clave CS-12-10-94/398 e CN-11-08-93/200.

A) Obras:

1. Ampliación do peirao e ramplas no Freixo.

Clave: CS-12-10-94/398.

Orzamento: cento oitenta e seis millóns catrocentas cincuenta e dúas mil trescentas vintecinco (186.452.325).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo F, subgrupo 7, categoría e.

2. Amplaición das instalacións para embarcacións menores en Miño.

Clave: CN-11-08-93/200.

Orzamento: douscentos vinte millóns oitocentas corenta e oito mil oitocentas corenta e oito (220.848.848).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo F, subgrupo 3, categoría «d».

(Declaradas urxentes de aocrde co establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estará de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1.883/1979 e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza podará ser presentada na moadalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán dirixirse en sobre pechado ó Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposición terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura de proposición:

A apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación ás doce horas do sexto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentación que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1995.

(P.D.O. 13-12-1995)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario Xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda