Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 21 de febreiro de 1995, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío dos resgardos dos depósitos 1.691/1992 e 1.716/1992, para os efectos de expedición dos duplicados.

Producido o extravío dos resgardos dos depósitos definitivos nº 1.691/1992 e 1.716/1992 de datas 29-7-92 e 5-8-92 por importes de 98.259 e 1.741, constituídos mediante avales bancarios na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a Francisco Espinar Aguilera, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poidan atopar, para que os presenten sen máis demora nesta Delegación Territorial de Economía e Facenda. Rúa Progreso, 38, entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contado desde a data da publicación do presente anuncio, non se presentaran, procederase sen máis trámite á expedición dos duplicados ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade dos exemplares orixinais extraviados, os que non terán ningún valor nin podarán surtir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 21 de febreiro de 1995.

Norberto F. Bayón Rey

Delegado provincial de Ourense