Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.457

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (23/1995).

Por medio da presente cédula, que se expide en virtude do acordado en autos de xuízo verbal civil sobre extinción de servidume de paso, seguidos a instancias de Manuel Guerra Pombo, contra outros e Carmen Suárez Guerra, veciña que foi do lugar da Torre, parroquia de Marantes, neste concello, e actualmente ausente en Montevideo, cítase a dita demandada co fin de que ás once horas do día vintecatro de abril próximo compareza ante este xulgado para asistir ó xuízo verbal sinalado no dito procedemento, baixo apercibimento de que, de non comparecer, o xuízo seguirá na súa rebeldía sen volvela citar.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expídese a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado