Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de marzo de 1995 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Educacion e Ordenación Universitaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para o posto se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais, e nas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado para ocupa-lo posto de traballo un funcionario con destino

noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta Comunidade Autónoma conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro e nas demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e de un mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario.

O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do

día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Denominación e código do posto: Xefe de Sección de Xestión Económica ED.C99.10.000.36001.007

Dependencia: Delegación provincial

Localidade: Pontevedra

Grupo: A/B/C

Nivel: 24

Comp. específico: 981.876

Corpo ou escala: Xeral

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA