Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1995, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o acceso ó corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994, pola que se elevan a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

En sesión mantida o día 10 de marzo de 1995 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas de acceso ó corpo facultativo superior da Admi

nistración especial da Xunta de Galicia, escala de inspección pesqueira (grupo A), convocadas por Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 45, do 7 de marzo), acordouse elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

Estas puntuacións atópanse expostas na Dirección Xeral da Función Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais da dita consellería e nos servicios centrais e delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1995.

Samuel Juárez Casado

Presidente do tribunal