Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 8 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público o expediente de declaración das demasías que se citan.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo fai saber que existen terreos que non contan coa extensión mínima esixible que,

de acordo coa disposición transitoria 5ª da Lei 54/1980, do 5 de novembro, de modificación da Lei de minas 22/1973, se lles outorgarán como demasías ós titulares de concesións de explotación con terreos que estean total ou parcialmente sitos dentro da propia cuadrícula ou das contiguas.

Estes terreos están en cuadrículas mineiras das que a designación se fai da forma seguinte, referida ó meridiano de Greenwich:

VérticeLonxitudeLatitude

17º52'40''43º12'00''

27º52'00''43º12'00''

37º52'00''43º11'20''

47º52'40''43º11'20''

E, en aplicación do artigo 57 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978, e a instancia de José González Araújo, en representación de Ramilo, S.A., con domicilio en Vigo, As Carneiras-Macal, nº 32, Castrelos, que é titular da concesión de explotación denominada Baxoy, nº 5.385, esta delegación provincial fai pública a iniciación do expediente de declaración de tales demasías e a súa demarcación, co fin de que tódolos que teñan a condición de interesados, no prazo de vinte días, contado desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio, poidan face-las alegacións que coiden oportunas.

Lugo, 8 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo