Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico nos concellos de Muras e O Valadouro. (Expediente 4.270 A.T)

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico coas seguintes características especiais:

Peticionario: Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa). Rúa Príncipe de Vergara, 187. 28002 Madrid.

Situación: concellos de Muras e O Valadouro.

Localización: (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (4817200,0613000); V (4816000,061200);

V (4813500,0617800); V (4812700,0613700).

Características principais:

Número de aeroxeradores: 90

Potencia unitaria: 330 kW

Potencia total instalada: 29,7 MW

Altura torres: 31 metros

Diámetro pas: 30 metros

Producción anual estimada: 71.874 MW/h

Investimento: 4.718.914.200 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 17 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo