Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico coas seguintes características especiais:
Peticionario: Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa). Rúa Príncipe de Vergara, 187. 28002 Madrid.
Situación: concello de Vilalba
Localización: (coordenadas poligonais en unidades UTM):
V (4811850,0607200); V (4811850,0608350);
V (4809450,0609250); V (4807900,0613200);
V (4806900,0613000); V (4808500,0608350).
Características principais:
Número de aeroxeradores: 120
Potencia unitaria: 330 kW
Potencia total instalada: 39,6 MW
Altura torrres: 31 metros
Diámetro pas: 30 metros
Producción anual estimada: 95.832 MW/h
Investimento: 6.291.885.600 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Lugo, 17 de febreiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo