Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico no concello de Abadín. (Expediente 4.269 A.T.)

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico coas seguintes características especiais:

Peticionario: Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa). Rúa Príncipe de Vergara, 187. 28002 Madrid.

Situación: concello de Abadín.

Localización: (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (4813350,0615800); V (4813350,0618200);

V (4810850,0619000); V(4810600,0617500).

-Características principais:

Número de aeroxeradores: 48

Potencia unitaria: 330 kW

Potencia total instalada: 15,84 MW

Altura torres: 31 metros

Diámetro pas: 30 metros

Producción anual estimada: 38.332 MW/h

Investimento: 2.516.754.240 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 17 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo