Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico coas seguintes características especiais:
Peticionario: Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa). Rúa Príncipe de Vergara, 187. 28002 Madrid.
Situación: concello de Muras.
Localización: (coordenadas poligonais en unidades UTM):
V, (4819750,0614000); V (4820000,0615000);
V (4818900,0616600); V (4817900,0616100).
Características principais:
Número de aeroxeradores: 48
Potencia unitaria: 330 kW
Potencia total instalada: 15,84 MW
Altura torrres: 31 metros
Diámetro pas: 30 metros
Producción anual estimada: 38.332 MW/h
Investimento: 2.516.754.240 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12,14, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Lugo, 17 de febreiro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo