Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico nos concellos de Muras, Ourol e O Valadouro. (Expediente 4.267 A.T.)

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico coas seguintes características especiais:

Peticionario: Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa). Rúa Príncipe de Vergara, 187. 28002 Madrid.

Situación: concellos de Muras, Ourol e O Valadouro.

Localización: (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (4824200,0613000); V (4824200,0614100);

V (4821400,0618800); V (4819600,0616800);

V (4819600,0618800);

Características principais:

Número de aeroxeradores:144

Potencia-unitaria: 330 kW

Potencia total instalada: 47,52 MW

Altura torres: 31 metros

Diámetro pas: 30 metros

Producción anual estimada: 114.998 MW/h

Investimento: 7.550.262.720 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 17 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo