Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico no concello do Vicedo. (Expediente 4.231 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico coas seguintes características especiais:

Peticionario: Sea West España, S.A. Rúa Calvet, 60, Barcelona-E-08201.

Situación: concello do Vicedo.

Características principais:

Número de aeroxeradores: 60.

Potencia unitaria: 500 kW.

Potencia instalada: 30 MW.

Altura torrres: 35 metros.

Diámetro pas: 42 metros.

Producción anual estimada: 73.800 kW/h.

Orzamento: 4.788.835.500 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 27 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo