Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico nos concellos do Valadouro e Viveiro. (Expediente 4.256 A.T.)

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico coas seguintes características especiais:

Peticionario: Sea West España, S.A. Rúa-Avda. Diagonal, 514-08006 Barcelona.

Situación: O Valadouro e Viveiro.

Localización: (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (4.828.800,0.619.500);

V (4.828.800,0.624.550);

V (4.827.200,0.626.200);

V (4.825.800,0.624.500);

V (4.825.800,0.621.700);

V (4.827.000,0.619.500).

Características principais:

Número de aeroxeradores: 83

Potencia unitaria: 600 kW

Potencia total instalada: 49,8 MW

Altura torrres: 35,42 e 50 metros

Diámetro pas: 41 metros

Producción anual estimada: 116.532 MW/h

Investimento: 6.067.052.079 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 24 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo