Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita (Expediente 4.237 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), rúa Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico en Paradavella, Sollio, Calzada e outros no concello da Fonsagrada.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, sobre torres metálicas RU6704A, e postes de formigón, cunhas lonxitudes de 54, 1.132 e 56 metros. Os centros de transformación serán dunha potencia de 50,25, e 25 kVA., instalado sobre torre metálica ó final da liña de media tensión, coa relación 20 kV/280-220 V. Rede de baixa tensión con conductor RZ-25, RZ-50 e RZ-95, tensado sobre postes de formigón ou grampado en fachada, que alimentará a Paradavella, Sollio, Padornelo, Calzada e Degolada.

Procedencia dos materiais: nacional.

Presuposto: 23.206.054 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, r/ Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 16 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo