Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre a información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 52.888).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Electra de Zas, con enderezo en Vilardomato, Zas, para a adxudicación administrativa das instalacións que seguen:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 10/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-30, de 362 m de lonxitude, coa orixe na liña Vilardomato-Carreira e remate en Follente.

Centro de transformación aéreo de 25 kVA e tensións 10/20/0,380-0,220 kV en Follente e rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor RZ de 598 m de lonxitude, Zas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071, A Coruña.

A Coruña, 23 de febreiro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña