Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1995 pola que se declara deserto o concurso para a concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses da Estrada (Pontevedra).

Vista a acta da mesa de contratación, do 23 de febreiro de 1995, constituída para proceder á adxudicación do concurso para a concesión da explotación de servicio público da estación de autobuses da Estrada (Pontevedra), convocado por resolución da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 12 de xaneiro de 1995, BOE nº 21 do 25 de xaneiro de 1995 e DOG nº 19, do 27 de xaneiro de 1995, segundo a que, no prazo outorgado para o efecto, non se presentou ningunha oferta ó concurso, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 116 do Regulamento xeral de contratación do Estado, resolveu:

Declarar deserto o concurso para a concesión da explotación de servicio público da estación de autobuses da Estrada (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1995.

P.D. O. (25-10-1983, DOG 14-12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes