Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 21 de febreiro de 1995, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito definitivo numero 755/1993 para os efectos de expedicion do duplicado.

Producido o extravío do resgardo de depósito definitivo nº 755/1993 de data 28-6-93 por importe de 367.736 ptas. constituído mediante aval bancario na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a G.O.C, S.L. e Sereland, S.A. formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta Delegación Territorial de Economía e Facenda, Rúa Progreso, 38, entreplanta.

Se transcurrido o prazo de dous meses, contado desde a data da publicación do presente anuncio, non se tivesen presentado, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar, orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá surtir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 21 de febreiro de 1995.

Norberto F. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense