Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.381

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

PROVIDENCIA (946/1994).

Socorro Bazarra Varela, secretaria da Sala Cuarta do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que por providencia dictada pola Sala Cuarta do Social do Tribunal Supremo, dictada con data catorce de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, no recurso nº 946/1994, peza nº 443/1994, seguido por instancia de Florinda Sánchez de la Calle, contra Balbila Figueira Martínez, acordouse cita-los irmáns e herdeiros de Concepción Sánchez de la Calle: Magdalena, Carlos, Julio, Victoria, Valeriano, Ramón, Justiniano e María Ángeles Sánchez de la Calle, en ignorado paradoiro, para que dentro do prazo de dez días comparezan nestes autos de recurso de casación para a unificación de doutrina que se seguen perante a dita sala do Tribunal Supremo, baixo apercibimento de que se non o fan recaerá sobre eles o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de citación en forma a Magdalena, Carlos, Julia, Victoria, Valeriano, Ramón, Justiniano e María Ángeles Sánchez de la Calle, expido e asino a presente providencia na Coruña o dous de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado