Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.376

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1995 pola que se convoca concurso público para a provisión da praza 11/1995 do corpo de catedráticos de universidade.

De conformidade co establecido no título quinto da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2º.4 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar concurso para as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), modificado parcialmente polo Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño, Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985) e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Dúas.-Para ser admitido ós citados concursos requírense os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os setenta anos de idade.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio da Administración do Estado ou da Administración autónoma, institucional ou local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto fisico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Tres.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4º.1 ou 2 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría da praza e clase de concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, conforme o previsto no artigo 4º.1.c), do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acreditar ter sido eximidos de tales requisitos.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivera contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4 da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Catro.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá a correspondente solicitude ó rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo o modelo do anexo II, debidamente cuberta, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustificar ter aboado na conta da Universidade de Vigo-Outros ingresos, número 04.000.022599-4 de Caixavigo, O.P., xuntando na súa solicitude resgardo acreditativo do ingreso realizado, referenciando esta convocatoria, segundo se detalla a continuación e para cada caso a cantidade de: doutores, 1.500 ptas. (400 ptas. en concepto de formación de expediente y 1.100 ptas. por dereitos de exame); licenciados, 1.340 ptas. (240 ptas. en concepto de formación de expediente y 1.100 ptas. por dereitos de exame); diplomados, 1.260 ptas. (160 ptas. en concepto de formación de expediente y 1.100 ptas. por dereitos de exame).

Cinco.-Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Seis.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a súa constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación míni

ma de 15 días naturais respecto da data do acto para o que se cita, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución daquela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos concursantes, e con sinalamento da data, hora e lugar de celebración do dito acto.

Sete.-No acto de presentación os concursantes entregarán ó presidente da comisión a documentación sinalada no artigo 9º e 10º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1.427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oito.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na Secretaría Xeral da Universidade no prazo de quince días hábiles seguintes ó de conclusión da actuación da comisión por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico para o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade, expedida pola dirección provincial ou consellería, segundo proceda, competentes en materia de sanidade.

c) Declaración xurada de non ter sido separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das Comunidades Autónomas, en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveran a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustifica-los ditos documentos e requisitos, debendo presentar certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Vigo, 2 de marzo de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

Número de prazas: 1.

Praza número: 11/1995.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: xornalismo.

Departamento ó que está adscrita: en constitución.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en materias da área.

Clase de convocatoria: concurso de méritos.