Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.359

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 14 de marzo de 1995 pola que se establecen medidas de apoio a agrupacións e entidades para a mellora da eficacia dos sistemas productivos agrarios.

As produccións agrícolas e gandeiras enfróntanse a unha crecente competitividade, sendo as claves a calidade e a diminución de custos. Isto abriga as explotacións agropecuarias a incorporaren novas técnicas de producción e organización, e implica un incremento da demanda de servicios especializados.

A falta de programas e servicios adecuados é máis notoria nas pequenas explotacións; polo tanto, as agrupacións de agricultores e gandeiros son a vía adecuada para a realización de actividades que garantan a viabilidade das explotacións e a competencia dos productos no mercado.

Así mesmo, débense ter en conta as entidades e asociacións que desexen incrementa-la formación dos seus compoñentes para a súa intervención na incorporación de novos coñecementos e tecnoloxías, que contribúan á mellara dos procesos productivos agropecuarios.

A realización dos programas de xestión, control da maquinaria de muxidura, selección e reproducción animal e vexetal, formación de técnicos e de agricultores, manexo da explotación, etc. son algunhas das actividades que permiten acada-la mellora dos sistemas productivos cunha clara repercusión na economía da explotación e que se realizan a través de agrupacións.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-

Terán acceso ás axudas reguladas na presente orde aquelas agrupacións, formalmente constituídas, de agricultores ou de gandeiros que desexen realizar actividades encamiñadas á mellora da eficacia dos seus sistemas productivos e da calidade nas súas produccións e que presenten un programa de actuación, de acordo co recollido na presente orde, así como outras entidades relacionadas coa agricultura.

Artigo 2º.-

Os solicitantes poderán optar a axudas para as seguintes actividades:

1.-Contratación do perscal técnico para a realización de programas de xestión, manexo de explotacións, reproducción e selección, sanidade animal e vexetal e, en xeral, aquelas actividades nas que o resultado sexa o desenvolvemento da explotación.

A contía da subvención, que poderá chegár ó 70% do custo do contrato, estará condicionada pola importancia do programa que vai desenvolve-lo persoal técnico, así como pola súa dedicación á agrupación.

Esta contía será como máximo do 60% do custo do contrato cando o persoal técnico fora obxecto de subvención durante un período de tempo igual ou superior a tres anos.

2.-Adquisición daqueles bens e servicios necesarios para a correcta execución do programa presentado pola agrupación, asociación ou institución.

Esta subvención será ata un máximo do 50% do investimento e poderá chegar ó 75% cando as características do programa, tales como innovación, repercusión e risco asumido pola agrupación, así o aconsellen. Cando se trate de zoosanitarios para a realización dos programas recollidos nesta orde a subvención será dun máximo do 20%.

3.-Excepcionalmente poderán subvencionarse ata o 100% dos custos de execución daqueles programas que, axustándose ó recollido na presente orde, teñan unha especial importancia e repercusión no sector agrario galego, a xuízo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

4.-Tamén poderán subvencionarse:

4.1.-Ata o 100% a realización de congresos, estudios, cursos ou conferencias destinados á formación do persoal técnico da entidade ou agrupación e sempre que se consideren de interese para o programa que se vaia executar.

4.2.-Ata o 100% dos gastos de funcionamento das asociacións de ámbito galega, segundo o seu grao de representatividade e programa de actividades.

4.3.-Poxas de gando selecto e concursos de gando en contía acorde co seu impacto na mellora gandeira e ata un máximo de 200.000 ptas. por concurso e/ou poxa. Deberase presentar previamente solicitude para a súa aprobación pola consellería.

4.4.-Ata o 100% dos gastos materiais e maquinaria na execución das obras necesarias para a correcta realización das campañas de saneamento gandeiro e o manexo de gando de monte, tales como gabias e mangas.

Artigo 3º.-

Terán prioridade para a concesión destas axudas:

1.-As agrupacións de agricultores e gandeiros cun programa que teña como finalidade a consolidación ou ampliación das actuacións xa iniciadas con anterioridade e que cumpran as condicións desta orde.

2.-As agrupacións de productores con problemas de comercialización que presenten programas conducentes a mellora-la calidade e competitividade dos seus productos.

3.-As agrupacións con explotacións que estean situadas maioritariamente en zonas desfavorecidas ou de montaña.

a) Programas coordinados de sanidade e producción

Artigo 4º.-

1.-De acordo coas liñas complementarias da mellora recollidas no Plan Integral de Mellora Xenética, establécense subvencións para a realización de programas especiais encamiñados á mellora coordinada da sanidade e producción do gando vacún, tales como:

a) Control da mamite.

b) Control da calidade hixiénica, microbiolóxica e de residuos no leite.

c) Desparasitación.

d) Selección a nivel de corte.

e) Control da reproducción.

Nos casos nos que se contemplen programas da alínea a) ou b) será obrigatoria a realización dun programa de mellara da calidade do leite de acordo co artigo 5º desta orde.

2.-Así mesmo poderán subvencionarse outros programas complementarios, que propoñan as agrupacións, sempre que estean dirixidos ou realizados polos correspondentes técnicos, que presten os seus servicios en exclusividade nelas e que aprobe a consellería.

3.-As explotacións que desexen realizar un programa de reproducción, así como outros programas que precisen dunha especial dedicación dos correspondentes técnicos, deberán contar con, polo menos, 11 vacas, e 7 se se trata de explotacións de carne.

4.-A agrupación deberá achegar un disquete informático cun fichero ASCII no que se relacionan os socios, coa seguinte estructura, orde e lonxitude: CEA (numérico, 10), DNI (numérico, 8), APELIDOS (carácter, 30), NOME (carácter, 15), Nº DE VACAS (numérico, 3) e ORIENTACIÓN PRODUCTIVA (carácter, 1; utilizando a letra C para carne e a letra L para leite).

Así mesmo, deberá aporta-las etiquetas de códigos de barras de identificación das explotacións dos socios no LIGAL entendéndose que existe autorización destes para avalia-los programas de calidade do leite e dispor dos datos de análise da explotación.

No caso de explotacións incluídas no control leiteiro, o CEA, DNI, apelidos e nome deben de coincidir co titular da explotación en control leiteiro.

5.-Para desenvolver estes programas, ademais das axudas recollidas nos artigos 2º e 3º da presente orde:

a) Facilitaranse doses seminais de alta calidade xenética de acordo coas ordes que para o desenvolvemento do Plan Integral de Mellora Xenética dicte a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Non se subvencionarán por esta orde doses seminais.

b) A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes realizará gratuitamente nos seus laboratorios, de acordo coa súa capacidade, análises de leite, alimentos e parasitolóxicos para o desenvolvemento destes programas. No caso de que os medios de que

dispoñen os correspondentes servicios da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes non foran suficientes para atende-la demanda de análises, estas poderán realizarse noutros laboratorios, logo de solicitude e aprobación por parte dos servicios técnicos da consellería.

6.-As contías das axudas serán proporcionais ós seguintes parámetros:

a) Número de explotacións leiteiras incluídas e vacas nos programas, e proporción dos mesmos por técnico empregado.

b) Porcentaxe de explotacións leiteiras incluídas no control leiteiro. Non se subvencionará ningún programa que non acade, polo menos, o vinte por cento.

c) Grao de execución, se é o caso, dos programas en anos anteriores.

7.-A execución de tódolos programas, así como a toma de datos e envío periódico de informes, farase segundo protocolos establecidos polos servicios técnicos da Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal da consellería. As xustificacións presentaranse nos seus servicios provinciais, nos prazos sinalados para o efecto, utilizando os modelos dispoñibles nelas.

8.-A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes podará establece-los índices e baremos que crea oportunos para a mellor instrumentación do disposto neste artigo.

b) Programas de mellora da calidade do leite

Artigo 5º.-

Como apoio concreto á realización de programas de mellora da calidade do leite, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes fomentará aquelas actividades conducentes a un correcto uso e mantemento da maquitaria de muxidura, subvencionando as seguintes actuacións:

1.-Revisión das máquinas de muxidura e reparación dos defectos encontrados.

2.-Realización de test de detección de mamite C.M.T.

3.-Desinfección de tetos en cada muxido.

4.-Limpeza e desinfección dos equipos de muxidura

5.-Tratamento de secado das vacas.

Os programas ós que se refire este artigo 5º deberán estar especificados nun documento á parte doutros programas recollidos nesta orde e en solicitude illada.

Ademais, quedan restrinxidos a aquelas explotacións que dispoñan de tanques refrixerantes

Artigo 6º.-

As axudas para levar a cabo as actuacións previstas no artigo 5º serán as seguintes:

1.-Subvención de ata o 40% do custo de adquisición dos productos de limpeza, desinfección, prevención e detección necesarias cun orzamento máxi

mo de productos de 12.000 ptas./punto de muxidura controlada. No caso de antibióticos para o secado de vacas a subvención será de ata o 15% cun orzamento máximo de 5.000 ptas./punto de muxidura controlada.

2.-Subvención de ata 1.500 ptas. por punto de muxidura controlado.

3.-Subvención complementaria para as agrupacións solicitantes que, cumprindo os obxectivos do programa, ó remate do mesmo xustifiquen que, polo menos un 40% das explotacións acollidas, producen leite con menos de 100.000 xermes/cm e polo menos un 50% delas obteñen leite con menos de 400.000 células somáticas/cm.

Esta subvención complementaria será unha porcentaxe da axuda para adquisición de productos contemplada na alínea 1 en función do tanto por cento de gandeiros da agrupación que cumpran os mínimos de xermes e células somáticas indicadas no parágrafo anterior. Esa porcentaxe será o resultado da suma das porcentaxes do baremo seguinte:

Para esta avaliación as agrupacións deberán comprometerse expresamente a facilitarlle á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, a través do LIGAL, e ó remate do programa, en soporte informático, os resultados das análises mensuais de leite correspondentes ás súas explotacións no último mes.

4.-Subvención de ata o 50% do custo dos investimentos precisos para adecua-lo equipo de muxidura á normativa técnica vixente. En concreto poderase auxiliar:

-Cambio da bomba de baleiro.

-Cambio de tuberías ou da súa montaxe.

-Cambio do regulador.

Para acceder a esta axuda será imprescindible a realización do control do equipo de muxidura, e terase en conta o seguinte:

a) Estes programas deberán ser presentados presentar polas agrupacións nunha solicitude e unha vez rematada a testaxe de tódalas instalacións de muxido afectadas, de acordo coa alínea b) do artigo 8º.

b) As agrupacións deberán presenta-la solicitude correspondente, acompañada de facturas pro-forma que detallen o material subvencionado e os controles das instalacións, procedendo á reparación despois de que a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes comunique a resolución favorable sempre que as ditas reparacións se axusten ás especificacións das normas UNE vixentes.

5.-A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes facilitará a formación e perfeccionamento dos controladores de equipos de muxidura propostos polas entidades que realicen o programa.

6.-A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderalles facilitar ós controladores autorizados que executen os programas presentados polas distintas agrupacións unha aplicación informática para o tratamento dos resultados das testaxes de equipos de muxidura.

Na adxudicación de subvencións tearase en conta o nivel de execución destes programas en anos precedentes.

Artigo 7º.-

As entidades que se acollan ás axudas para a realización dun programa de control de puntos de muxidura comprométense a aportar persoal suficientemente capacitado, a xuízo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, para a realización do programa e dotalo dos medios necesarios para levalo a cabo.

No caso de que unha explotación se encontre incluída dúas ou máis veces na solicitude presentada por unha ou varias agrupacións, excluirase do programa. Excepcionalmente, e en casos xustificados, podará manterse a explotación nun programa, e sempre unha soa vez, a petición conxunta da agrupación e do titular da explotación.

Así mesmo, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes podará denega-las axudas correspondentes á testaxe no caso de que da análise da folla de control correspondente ó ano actual e a relativa á campaña ou campañas anteriores ou inspeccións sobre o terreo se poida deducir que non se adaptaron ás medidas recomendadas como consecuencia do control.

En calquera caso, os técnicos que leven a cabo o control das instalacións deberán estar en posesión dun certificado expedido pola Unidade de Tecnoloxía da Muxidura, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no que se acredite a súa capacidade para realiza-lo contido.

De igual modo, tódolos aparellos do equipo de control deberanse contrastar polo menos unha vez ó ano na citada Unidade de Tecnoloxía da Muxidura, e disporase don certificado do seu bo funcionamento no momento de inicia-lo programa,

Artigo 8º.-Documentación específica para programas de calidade de leite

Xunto coa solicitude e documentación prevista no artigo 10º, as entidades que se acollan ás axudas para a mellora da calidade do leite a través do control de puntos de muxidura presentarán:

-Un disquete de 3 1/2'', alta densidade, ficheiro en base de datos «Dbase lll plus» ou «Dbase IV», coa estructura indicada no anexo IV ou, se é o caso, no formato da aplicación «AGRUPA», facilitada pola consellería, antes de inicia-la execución do programa, no que se inclúan os datos das explotacións acollidas ó programa.

-As entidades que se acollan ás axudas previstas no punto 4 do artigo 6º deberán de presentar ademais unha relación das explotacións dos socios especificando individualmente os elementos da maquinaria de muxidura que se van substituír, investimento necesario e copia da folla de control do equipo de muxidura na que figura a recomendación de substitución do elemento correspondente.

No momento da xustificación da execución dos programas, as entidades que se acollan ás axudas para a mellora da calidade do leite presentarán nos servicios provinciais de Axudas Estructurais, ademais da documentación xeral do artigo 10º, a seguinte:

a) Resultados de testaxe de tódalas instalacións de muxidura controlada de acordo co anexo IV (CONTROL DE INSTALACIÓN DE MUXIDURA), no que obrigatoriamente se fará consta-lo nome do controlador autorizado pola Unidade de Tecnoloxía da Muxidura e os números asignados pola dita unidade ós equipos de control de instalacións que realizaron a testaxe.

b) Disquete de 3 1/2'', alta densidade, ficheiro en base de datos «Dbase lll plus» ou «Dbase III», coa estructura indicada no anexo III, ou, se é o caso, no formato da aplicación «AGRUPA» facilitada pola Consellería de Agricultura, cos datos das explotacións nas que se realizou efectivamente o programa (Aplic. agrupa).

c) Se é o caso, soporte magnético cos resultados técnicos das testaxes dos equipos de muxidura (Aplicación «Testaxes») e dos últimos resultados de análises mensuais de leite realizadas polo LIGAL.

d) Facturas orixinais ou compulsadas dos productos ou equipos adquiridos e das testaxes realizadas. No caso de reparacións de equipos de muxidura, os elementos substituídos deberán de permanecer na explotación no momento en que os técnicos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes realicen as comprobacións das reparacións realizadas.

e) Xustificante da distribución dos productos subvencionados ás explotacións da agrupación unidos ó resultado do control de instalación de muxidura (anexo IV).

f) Informe, segundo modelo do anexo II, indicando o obxectivo dos productos empregados.

Artigo 9º.-

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá apoiar, por instancia das agrupacións interesadas, a realización de programas especiais de calidade de leite, cun maior grao de compromiso das mesmas, e que incorporen, a partir dos resultados de análises de calidade, novas actuacións coordinadas e intensivas (ACI) nas explotacións, así como un maior aporte de información, sempre coas directrices establecidas ou que estableza a Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias.

c) Solicitudes.

Artigo 10º.-

Tódalas solicitudes se presentarán nos servicios provinciais de Axudas Estructurais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común dentro dos 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia de acordo co modelo do anexo I.

Ás solicitudes xuntaráselle, ademais do referido na documentación específica de cada programa, o seguinte:

1.-Acta de constitución da entidade.

2.-Relación nominal de socios titulares das explotacións que participen no programa.

3.-Código de identificación fiscal e certificado da conta bancaria da entidade.

4.-Programa de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos e orzamento pormenorizado do programa e prazo de execución.

5.-Contrato dos técnicos responsables da súa execución, de se-lo caso.

6.-Declaración xurada de exclusividade dos técnicos responsables dos programas de mellora coordinada da sanidade e producción de gando vacún.

7.-Factura pro-forma dos equipos que se van adquirir, de se-lo caso.

d) Xustificación

Artigo 11º.-

O programa aprobado deberá estar realizado antes do 30 de outubro de 1995.

A agrupación beneficiaria comunicaralle esta circunstancia ó Servicio Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, e xuntará os xustificantes de investimento e, en todo caso, unha memoria explicativa sobre a realización do programa, antes da data indicada no parágrafo anterior.

Poderá concederse prórroga para a execución do programa se as características desta así o aconsellan.

A contía total das axudas poderá satisfacerse de acordo co nivel de execución do programa subvencionado, logo de comprobación por parte dos servicios correspondentes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

O incumprimento dos programas suporá a perda total ou parcial da axuda así como a obriga de restituí-las cantitades percibidas, sen prexuízo doutras responsabilidades en que puidesen incorre-los beneficiarios.

Para poder percibi-la axuda, a agrupación beneficiaria terá que acreditar que se encontra ó días da súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non ten pendente de pago ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 12º.-

As agrupacións con programas de mellora da eficacia dos sistemas productivos das explotacións presentados e aprobados no marco do establecido na presente orde e que esixan para a súa execución a contratación de persoal técnico especializado con dedicación exclusiva a eles, poderán acollerse ás axudas previstas no Real decreto 1.887/1991 sobre mellora da estructura das explotación no relativo á contratación de persoal técnico. Nese caso, a axuda concedida no marco do Real decreto 1.887/1991 poderá complementarse coa prevista nesta orde sen superar entrámbalas dúas a contía establecida no artigo 2º.1 desta.

Artigo 13º.-

As axudas que se deriven da aplicación do exposto na presente orde financiarase con cargos ós seguintes conceptos orzamentarios dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995.

a) 09.03.613-A.760.00 «Programas sanitarios especiais»: 2.000.000

b) 09.03.613-A.773.00 e 09.03.613-A.773.03 «Sanidade e mellora xenética. Apoio a cooperativas», dotados con 50 e 100 millóns de pesetas, respectivamente.

c) 09.03.613-A.780.00 «Sanidade e mellora xenética. Apoio a entidades asociativas»: 5.000.000

d) 09.03.731-A.770: «Plan do sector lácteo. Axudas a explotacións e cooperativas»: 83.358.000

e) 09.03.614-A.782.00 e 09.03.614-A.782.03 «Mellora e eficacia dos sistemas productivos», dotados con 27.500.000 e 72.500.000, respectivamente

f) 09.03.614-A.773.00 e 09.03.614-A.773.03 «Apoio á eficacia dos sistemas productivos», dotados con 30 e 70 millóns de pesetas, respectivamente

g) 09.03.614-A.771.00 e 09.03.614-A.771.03 «Plan Integral de Mellora Xenética», dotados con 15 e 35 millóns de pesetas, respectivamente.

h) 09.03.613-A.770.00 «Programas sanitarios especiais» 25.000.000

Artigo 14º.-

As solicitudes formuladas ó amparo da Orde do 5 de maio de 1994 pola que se establecen medidas de apoio a agrupacións e entidades para a mellora da eficacia dos sistemas productivos ás que non lles foi concedida a subvención solicitada serán tidas en conta na presente convocatoria, por petición do interesado. A tramitación dos expedientes continuarase desde o trámite no que se encontran ó remate do exercicio anterior.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Producción Agroalimentaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento desta orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes