Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 1995 Páx. 2.358

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente A.T. 152/1994).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, S.A. con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. en Parderrubias, concello de Salceda de Caselas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizarlle á Electra Alto Miño, S.A. a instalación dunha R.B.T. en Parderrubias, concello de Salceda de Caselas.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 13 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra