Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.335

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (224/1992).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela

Dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 224/1992, se dictou a sentencia, co encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela o quince de outubro de mil novecentos noventa e dous.

Ángel Pantín Reigada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, vistos os presentes autos executivos, promovidos polo procurador García Boado en nome e representación de Banco Simeón, S.A., contra Luciano Presedo Arnau, María del Carmen Sánchez Gendra e Carmen Gendra Otero, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo mandar e mando segui-la execución adiante ata facer remate dos bens embargados e os que no sucesivo poidan embargárselle á parte demandada, Luciano Presedo Arnau, María del Carmen Sánchez Gendra e Carmen Gendra Otero e co seu producto facerlle enteiro e completo pagamento á demandante da suma reclamada de principal, por importe de 1.294.776 pesetas, máis 600.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, con imposición das custas causadas á parte demandada. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncio, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Luciano Presedo Arnau, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado