Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.335

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (204/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela

Dou fe e testemuño de que nos autos de que se fará mérito se dicta a sentencia que contén o encabezado e dictame do teor literal seguintes:

Sentencia. En Santiago de Compostela, vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de cognición número 204/94, sobre resolución de contrato de inquilinato, seguidos en virtude de demanda formulada pola procuradora María del Carmen Esperanza Álvarez en nome e representación de José Ramón Quintáns Trenco e en beneficio da sociedade de gananciais constituída coa súa esposa Concepción Novo Fernández, baixo a dirección do letrado Domínguez Noya; contra Jesús Pérez Seoane, maior de idade, solteiro, veciño de Santiago de Compostela, con domicilio en Casas de Compostela, número un, primeiro, declarado procesualmente en rebeldía e contra as persoas descoñecidas e incertas que poidan resultar herdeiras do falecido Santiago Pérez Seoane.

Resolvo que, estimando a demanda promovida pola procuradora María del Carmen Esperanza Álvarez, en nome e representación de José Ramón Quintáns Trenco e en beneficio da sociedade de gananciais constituída coa súa esposa Concepción Novo Fernández, contra Jesús Pérez Seoane, declarado procesualmente en rebeldía, e as persoas descoñecidas e incertas que poidan resultar herdeiras do falecido Santiago Pérez Seoane, debo declarar e declaro resolto o contrato de inquilinato da vivenda sita no piso primeiro da casa número un, da rúa de Casas de Compostela, debo condenar e condeno ós demandados a que así o recoñezan e a que deixen libre á disposición da parte actora a indicada vivenda, dentro do termo previsto na lei, con expresa imposición das custas causadas no procedemento ós demandados. Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer, perante este xulgado, recurso para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Que, dada a rebeldía do demandado e dos herdeiros descoñecidos e incertos de Santiago Pérez Seoane, a notificación deste edicto realizarase na forma establecida nos artigos 282 e 283 da Lei de axuizamento civil e demais concordantes, se dentro do terceiro día non se solicitase a notificación persoal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lles sirva de notificación da sentencia ós demandados en rebeldía, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado