Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.335

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (81/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela

Dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 81/1994, se dictou a sentencia, co encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela o 9 de xaneiro de 1995.

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de cognición seguido neste xulgado co número 81/1994, no que actuaron como demandante Jesús Barreiro Tarrío, maior de idade e veciño de Santiago, representado pola procuradora dos tribunais María del Carmen Esperanza Álvarez e asistida polo letrado Antonio Domínguez Noya, e como demandado Pedro Arias Veira, maior de idade e en descoñecido paradoiro, en reclamación de resolución de arrendamento.

Resolvo que, estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro a resolución do contrato de arrendamento da vivenda referida no feito primeiro da demanda, condenando o demandado a estar e pesar por esta resolución e a que a desaloxe deixándoa libre e á disposición do actor con apercibimento de lanzamento, con imposición de custas ó demandado.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncio, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Pedro Arias Veira, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado