Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña a M.T. ó C.T. Betote, concello de Salvaterra de Miño, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 174/1985 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co nº 6 do artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia, do que a urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 47/1995, do 3-2-95, DOG nº 33, do 16-2-95, que o día 4-4-95,

a partir das 11 horas, o representante da Administración dará comezo ó levantamento sobre o terreo das actas previas a ocupación correspondentes ós predios situados no concello de Salvaterra de Miño, sinaladas cos números que en folla adxunta se detallan previndo os ditos interesados de que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén, que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, á súa custa, se así o coidasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 22 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra