Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña a M.T. ó C.T. Covelo, concello de Salvaterra de Miño, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 89/1989 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co nº 6 do artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa, e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, de 20 de outubro, fáiselles saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola exe

cución do proxecto de referencia, do que foi outorgada a urxente ocupación polo Decreto 43/1995, do 3-2-95, DOG nº 32, do 15-2-95, que o día 5-4-95, a partir das 11 horas darase comezo o levantamento sobre o terreo polo representante da Administración das actas previas a ocupación correspondentes ós predios situados no concello de Salvaterra de Miño, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan, previndo os ditos interesados na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal, o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, e prevíndoos tamén de que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa custa, se así o estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do Concello e nos desta delegación.

Vigo, 22 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra