Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.188

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (213/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo de que se fará mérito recaeu a sentencia que contén o encabezamento e dictame do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela, catorce de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo executivo número 213/1994, promovidos pola procuradora Soledad Sánchez Silva, en nome e representación de Caixa de Aforros Provincial de Ourense, e asistida polo letrado Francisco Conde Salgado, contra Justino Bastida Calvo, Camilo Prado Freira e Alfredo Vázquez González e contra a entidade mercantil Velograf, S.A., declarados en rebeldía.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, facer remate dos bens embargados a Justino Bastida Calvo, Camilo Prado Freire, Alfredo Vázquez González e a entidade mercantil Velograf, S.A., e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora da cantidade de 6.347.982 ptas., importe do principal e a suma de dous millóns de pesetas para xuros e custas; para o pagamento desto debo condenar e condeno os demandados indicados.

E dada a rebeldía dos demanados, notifíqueselle na forma previda na lei, se non se pedise dentro dos tres días seguintes ó da notificación persoal.

Esta resolución non é firme e contra ela poderá interpoñerse, neste xulgado, recurso de apelación, no termo de cinco días, contados a partir do da notificación. Así, por esta miña sentencia da que se levará certificación á causa, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A sentencia da que quedan insertos o seu encabezamento e dictame foi lida e publicada o mesmo día da súa data.

E a fin de que lles sirva de notificación ás demandados rebeldes, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o quince de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado